Blogia
vgomez

REFRANEIRO POPULAR GALEGO DO MES DE XUÑO

O refraneiro foi considerado durante séculos posuidor da sabedoría popular; nel podíase atopar solución moral a case todos os problemas que afectaban o home: matrimonio, morte, diñeiro,... Nos acudiremos a el, por meses, neste caso o de xuño ou san Xoán, para atopar as ensinanzas que nos aporta aos traballos do campo e ao tempo.  

 Imos aló!

A sardiña polo abril déixaa ir,

polo maio ásaa no borrallo,

pero polo San Xoán

deixa que pingue no pan. 

 

Entre San Xoán e San Pedro, (24 e 29 de xuño)

recolleita do centeo.

 

Entre San Xoán e San Pedro,

xofra sen medo.

 

Polo San Pedro rega con medo,

polo San Bieito rega a feito. (24 de xuño e 11 agosto)

 

Do San Antonio ao San Xoán

once días van.  (13 e 24 de xuño)

 

A auga de San Xoán,

leva o viño e non dá pan

FONTE: Almanaque Agrícola ZZ syngenta

0 comentarios