Blogia
vgomez

CUN SIMPLE CARTÓN


O cartón é un dos reis do empacado: só o ano pasado fabricáronse case cinco millóns de metros cadrados deste produto, segundo datos da Asociación Española de Fabricantes de Envases e Embalaxes de cartón ondulado, unha cifra que sitúa a España como cuarto produtor europeo tras Alemaña, Italia e Francia. O seu uso é universal no embalado de case calquera artigo no que pensemos: é raro ver un móbil que non veña dentro dunha caixa de cartón, por exemplo, ou un xoguete non se sirva del para a súa envoltura exterior. A presenza deste material, elaborado a base de pulpas vexetais, é masiva en case todos os sectores, especialmente no alimentario, o agrícola e o industrial.

Cada español tirou en 2016 uns 15,5 quilos de envases de papel e cartón ao colector azul, o lugar apropiado para os refugallos deste tipo. Pero os residuos de cartón poden resultar útiles (e mesmo divertidos) antes de acabar no lixo: cun pouco de imaxinación, só ou acompañado, ponte ao choio e transforma en algo novo aquilo que ías refugar.

FONTE: Xornal El País/EspacioEco

0 comentarios