AS MARABILLAS NATURAIS MÁIS ESTRAÑAS DO MUNDO XV (FIN)
Remato hoxe coa serie as marabillas naturais máis estrañas da Terra, onde viaxamos polo mundo natural, que nos amosou algunhas formas caprichosas, ecosistemas ancorados en milenios pasados, formas misteriosas,...
Rematomos co...
15. O bosque mergullado da Patagonia (Arxentina)
A 404 km de Neuquén, a capital da provincia arxentina homónima, Villa Traful, recoñecida pola súa serena beleza, é, desde hai polo menos unha década, un dos sitios máxicos da Patagonia Norte, polo de atracción de turistas, investigadores, fotógrafos cazadores de paisaxes… e amantes do mergullo! A causa? Pois algo que, non lonxe da devandita localidade, todos poden descubrir despois dun breve paseo en lancha polo seu esplendente lago: o bosque mergullado de cipreses, un dos poucos fenómenos naturais deste tipo que existen ou que se descubriron no Planeta.
Todo comezou en 1960, cando un sismo local provocou o corremento da ladeira do cerro Bayo, ou Alto Mahuida, a cal se deslizou mansamente ata o fondo das cristalinas augas conservando máis ou menos intacta a súa cuberta arbórea. Esta compoñíase das especies típicas dunha paraxe andina patagónica: o ñire ou faia antártica, a lenga ou carballo branco, o coihue e, fundamentalmente, o ciprés da cordilleira (Austrocedrus chilensis), con exemplares que superaban os 50 m de altura. Son precisamente estes os que hoxe conforman o bosque mergullado do lago Traful. Baixo a líquida transparencia azul, a unha profundidade que rolda os 30 metros, máis de 60 deles seguen en pé e algúns asoman aínda as escuálidas puntas das súas copas por encima do espello acuático, como testemuño de que, antes da súa presente vida submarina, gozaron doutra sobre a superficie recibindo a caricia do aire nas súas ramas e follas
FONTE: Javier Jaymes/abc.es
Ata a próxima serie!
0 comentarios