CANTO SABES DOS INSECTOS? X
Continúo coa serie Canto sabes dos insectos?, na que se pon a proba os teus coñecementos sobre os seres máis abundantes no noso planeta, xa que estímase que hai 200 millóns de insectos por cada ser humano.
A contestación á pregunta de onte é Barbantesa.Tamén chamada barbatesa, galbana, parraguesa ou carballesa é un insecto da familia dos mántidos (Mantidae), orde Mantodea. O seu nome científico é Mantis religiosa. Ten cinco ollos (dous grandes ollos compostos e tres ollos simples pequenos entre eles). A cabeza pode virar ata 180º.
E imos coa pregunta de hoxe!
10. Sabes cal é o insecto que máis vive?
- A cascuda
- A termita raíña
- A abella raíña
Mañá a solución e unha nova proposta!
FONTE: muyinteresante.es/natureza Imaxe: noticiassin.com, biovidacv.com e ar.pinterest.com
0 comentarios