Blogia
vgomez

CANTO SABES DOS INSECTOS? XIX

Continúo coa serie Canto sabes dos insectos?, na que se pon a proba os teus coñecementos sobre os seres máis abundantes no noso planeta, xa que estímase que hai 200 millóns de insectos por cada ser humano.

A contestación á pregunta de onte é Detritívoro. Ás veces tamén chamados saprófagos, descomponedores ou detritófagos, obteñen a súa alimentación de  detritos ou materia orgánica en descomposición, constituíndo unha parte importante dos ecosistemas porque contribúen á descomposición e á reciclaxe dos nutrientes. Moitas especies de bacterias, fungos e protoctistas son incapaces de dixerir anacos de material orgánico pero poden absorber substancias a nivel molecular e son quizais os  detritívoros máis importantes. Outros detritívoros inclúen ás cochinillas da humidade, os milpiés, as moscas  carroñeiras Scathophagidae, miñocas, unha gran variedade de insectos incluíndo certos tipos de escaravellos, algúns poliquetos, terebélidos e cangrexos violinistas.

E imos coa pregunta de hoxe!

19. As libélulas son uns insectos carnívoros que, xunto cos cabalos do demo, pertencen a orde...

- Ortópteros

- Coleópteros

- Odonatos

- Dípteros

Mañá a solución e unha nova proposta! 

FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es/natureza  Imaxe: quecomen.bio

0 comentarios