Blogia
vgomez

17ª EDICIÓN DE FOTCIENCIA

 

FOTCIENCIA é unha iniciativa organizada polo Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) e a Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT), co apoio da Fundación Jesús Serra. O obxectivo é achegar a ciencia á sociedade a través de fotografías que abordan cuestións científicas mediante unha perspectiva artística e estética. Nesta 17ª edición, FOTCIENCIA súmase aos 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sostible declarados por Nacións Unidas.

As características que fan únicos aos cabaliños de mar observadas con diferentes técnicas lumínicas, os grandes ollos compostos dos mosquitos, formados por miles de  fotorreceptores con aparencia de caramelos, os surcos xeométricos dun cultivo sostible de cebada ou os microplásticos achados no aparello dixestivo de organismos que se atopan na base da cadea  trófica mariña son algúns dos temas retratados.

0 comentarios