UNHA PLANTA VAMPIRO?
A Langsdorffia hypogaea ou planta vampiro é unha planta parasita rara que vive en bosques e sabanas en América Central e do Sur, Madagascar e Papa Nova Guinea, e produce flores de cor vermella brillante que marcan a súa zona de alimentación.
As catro especies distintas de Langsdorffia que se coñecen actualmente son tipos de plantas holoparasitas, o que significa que non realizan a fotosíntese. En cambio, utilizan fillos subterráneos en forma de tentáculos para coller os nutrientes das raíces de moitas especies de plantas diferentes, confiando unicamente nos seus anfitrións para sobrevivir.
A falta de clorofila dá como resultado unha flor de cor vermella sangue que nos lembra máis a un coral do océano que a unha planta de chan do bosque. Aínda que a súa especialidade é absorber lentamente os nutrientes doutras plantas, non representan ningún dano para os humanos.
A pesar do rechamantes que son, coñecemos moi pouco acerca destas plantas parasitas. A floración da Langsdorffia adoita acompañar á morte das plantas que se atopan ao seu ao redor pero aínda non se descubriu o efecto destas plantas no ecosistema circundante. Isto débese en parte que é moi pouco común e, que só se atopa en lugares remotos. Sen esquecer que só florece en condicións secas.
Para a súa polinización, segrega un néctar doce para atraer a varias aves e insectos para que se deleiten coa súa forma durante as condicións áridas da estación seca. Curiosamente, as plantas da especie L. hypogea son claramente masculinas ou femininas, e segregan o néctar de diferentes maneiras: os machos segregan néctar entre cada nó da parte máis visible, mentres que as femias o esparcen pola saia ou follas da mesma.
Unha nova mostra da fabulosa diversidade vexetal do noso planeta.
FONTE: Sarah Romero/muyinteresante.es
0 comentarios