ENCRUCILLADO L
VERTICAIS: 1. Denominación que o xeógrafo Otero Pedrayo deu ao arco ou golfo litoral formado polas rías de Ferrol, ría de Betanzos-Ares e do Burgo, que se corresponde co que os xeógrafos grecorromanos Estrabón, Pomponio Mela e Plinio designaron como Portus Magnus Artabrorum 2. Nome da illa principal do arquipélago das Ons 3. Cerámica símbolo da nosa cultura, dos nosos soños e ilusións, e da alma gallega 6. Capital de Turquía.
HORIZONTAIS: 4. : Peixe da familia dos lábridos de tons verdes ou castaños e ata sesenta centímetros de lonxitude, que se alimenta principalmente de moluscos e crustáceos, que vive en zonas rochosas con moitas algas e de nome científico Labrus bergylta 5. Río máis importante en lonxitude de China cun curso total de 6.300 km, que o converten o terceiro máis longo do mundo e, así mesmo, o máis longo de Asia 7. Apelido do autor do libro de relatos escrito en 1971: Os outros feirantes 8. O 23 de setembro de 1991, no peirao de Camposancos, na nosa localidade, acolleu a botadura da réplica dunha carabela, construída polos estaleiros Castro por encargo da comisión para a celebración do quinto centenario do descubrimento de América, que tiña por nome… 9. Unidade monetaria actual da Federación Rusa 10. Propiedade rural composta de casa e terreo de labranza ao redor.
0 comentarios