UBICACIÓN DA GUARDA HAI 240 MILLÓNS DE ANOS
Así estaría situada A Guarda hai 240 millóns de anos / dinosaurpictures.org
A Terra non sempre tivo o aspecto ao que hoxe estamos afeitos. Os continentes, en efecto, móvense continuamente, uníndose e separándose a medida que os millóns de anos transcorren, para dar forma a masas continentais e océanos que nada teñen que ver cos actuais. O supercontinente Panxea, hai 250 millóns de anos, xunto ao océano global Panthalassa, son só os exemplos máis coñecidos desa lenta pero continua transformación.
Pescudar como era o "rostro" do noso planeta no pasado non resulta fácil, pero os xeólogos conseguiron facerse unha idea bastante clara de como o noso mundo foi cambiando de aspecto durante o últimos mil millóns de anos.
Nun exercicio de divulgación científica sen precedentes, o paleoxeógrafo Christofer Scotese lanzou hai uns anos unha interesantísima web chamada Ancient Earth Globe, na que se combinan os mapas desenvolvidos ao longo de moitos anos polo proxecto PALEOMAPS cos datos de GPlates, un repositorio de datos xeolóxicos moi utilizado polos científicos.
O resultado é un mapa interactivo do mundo no que é posible coñecer, entre outras cousas, onde estaba a nosa cidade hai 100, 200, 400 e ata 750 millóns de anos. "Sorprendeume que os xeólogos xa recompilasen datos suficientes como para saber onde estaba a miña casa hai 750 millóns de anos -escribe o científico-, así que pensei que todos vostedes tamén o gozarían. A pesar de que os modelos de tectónica de placas arroxan resultados precisos, as gráficas resultantes deben considerarse aproximadas".
Se queres seguir indagando a situación concreta da nosa localidade, A Guarda, ao longo do tempo, ou calquera outra localidade, preme AQUÍ.
Interesante!
FONTE: dinosaurpictures.org e José Manuel Nieves/abc.es/ciencia
0 comentarios