Blogia
vgomez

RIQUEZA NATURAL E PAISAXÍSTICA DE ESPAÑA VIII

Continúo coa serie Riqueza natural e paisaxística de España, na que facemos un pequeno percorrido polas marabillas que a natureza esculpíu ao longo dos anos e aqueles espazos que son o resultado do traballo e enxeño do ser humano.

Hoxe imos a...

8. As Médulas (Castela e León)

As Médulas foi unha antiga explotación romana de ouro a ceo aberto, e forma hoxe unha paisaxe espectacular no que antano fora o monte Medilianum, con areas encarnadas, castiñeiros e carballos verdes. Está situada preto da aldea homónima, no concello de Carucedo, comarca do Bierzo (León).

Esta contorna foi declarado Ben de Interese Cultural en 1996, en atención ao seu interese arqueolóxico. En 1997 foi declarado pola Unesco Patrimonio da Humanidade​ e Monumento Natural en 2002.

Mañá outro lugar alucinante!

FONTE: Idea orixinal abc.es/viajar, gal.wikipedia.org  Imaxe: es.wikipedia.org

0 comentarios