CANTO SABES DE ARQUEOLOXÍA? III
Continúo coa serie Canto sabes de arqueoloxía?, na que se pon a proba os teus coñecementos sobre esta disciplina que estuda as sociedades antigas a partir dos seus restos materiais.
A contestación correcta á pregunta de onte é Artefacto. Un artefacto arqueolóxico é calquera material ou obxecto distintivo que se atopa nunha escavación arqueolóxica nalgúns dos estratos do chan (sepulto) ou na superficie da terra. Estes artefactos foron creados por persoas dunha época e lugar determinados para satisfacer unha necesidade ou facilitar a vida cotiá dun grupo concreto de humanos. Ademais, poden ser de diversas tipoloxías segundo as características para descubrir a que civilización pertenceron, que función tiñan no pasado, cal é o lugar onde se formaron ou para saber a data exacta en que se fixeron, segundo a composición química e mediante un proceso de datación.
E imos coa pregunta de hoxe!
3. Seguro que che soan os Guerreiros de terracota que se atopan no Mausoleo de Qin Shi Huang. Cantas estatuas representan este conxunto?
- Máisde 8.000 figuras de guerreiros e cabalos
- Máis de 10.000 figuras de guerreiros e cabalos
- Máis de 12.000 figuras de guerreiros e cabalos
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es e gal.wikipedia.org
0 comentarios