CANTO SABES SOBRE O IMPERIO ROMANO? XVI
Continúo coa serie adicada a o Imperio Romano. A civilización romana é considerada unha das máis influentes da historia. Definiu a historia e os costumes de boa parte da humanidade e a súa influencia perdura aínda con forza nos nosos días.
A contestación correcta á pregunta de onte é 1-c, 2-e, 3-d, 4-b e 5-a. Todas as casas de baños romanas contiñan unha serie de habitacións que se quentaban progresivamente. A maioría contiña un apodyterium, unha habitación xusto dentro da entrada onde o bañista gardaba a súa roupa. A continuación, o bañista avanzaba cara ao frigidarium (baño frío) co seu tanque de auga fría, o tepidarium (baño tépedo) e finalmente o caldarium (baño quente), quentado por un brasero debaixo do piso oco, contiña concas de auga fría que o bañista podía usar para arrefriarse. Despois de tomar esta serie de baños, o bañista volvía ao tepidarium máis fresco para unha masaxe con aceites e un raspado final con implementos de metal. Algúns baños tamén contiñan un laconium (unha habitación seca e de descanso) onde o bañista completaba o proceso descansando e suando.
E imos coa pregunta de hoxe!
16. Durante máis de tres séculos, os cristiáns foron un dos colectivos máis perseguidos do Imperio Romano: aínda que polo xeral o Estado romano era moi tolerante cos cultos, a mensaxe cristiá tiña implicacións que podían facer perigar piares esenciais para a estabilidade do dominio romano, como o culto aos emperadores, un sistema político e económico que dependía da guerra e unha desigualdade clara entre clases, pobos e sexos. Pero houbo un momento no que un emperador romano convertería o cristianismo, a súa relixión, no único culto oficial do Imperio. En que ano sucedeu isto?
- Ano 280
- Ano 380
- Ano 480
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE: beaire.com/es e historia.nationalgeographic.com.es Imaxe: historia.nationalgeographic.com.es
0 comentarios