CANTO SABES DE ARQUEOLOXÍA? XIV
Continúo coa serie Canto sabes de arqueoloxía?, na que se pon a proba os teus coñecementos sobre esta disciplina que estuda as sociedades antigas a partir dos seus restos materiais.
A contestación correcta á pregunta de onte é No outeiro de Hissarlik, preto do estreito dos Dardanelos, en Turquía. Tras obter os permisos pertinentes do goberno turco para escavar, en 1870, o prusiano Heinrich Schliemann (1822-1890) empezou os primeiros traballos en Hissarlik que o levarían ao descubrimento definitivo de Troia. O inglés Frank Calvert (1828-1908) realizara escavacións preliminares sete anos antes da chegada de Schliemann, e suxeriulle que o outeiro de Hisarlik era o emprazamento da mítica cidade. Posteriormente, Schliemann minimizaría nos seus escritos o papel que realmente tivera Frank Calvert no descubrimento.
E imos coa pregunta de hoxe!
14. Os xacementos arqueolóxicos da Serra de Atapuerca, albergan restos fósiles do último millón e medio de anos, incluíndo restos de 5 especies de homínidos. Pero en que provincia se atopa?
- Cuenca
- Burgos
- Zaragoza
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es e gal.wikipedia.org Imaxe: elmundo.es
0 comentarios