SEXTING E CIBERBULLYING
Ciberinvestigadora, Master en Seguridade Informática, escritora e divulgadora, Silvia Barreira dedicou os últimos 15 anos da súa carreira profesional á investigación do cibercrime e recibiu varios recoñecementos pola súa traxectoria en ciberseguridade e a súa labor divulgativa.
Dirixiu e dirixe grupos de investigación tecnolóxica policial e de cibercrime desde hai varios anos e formou parte de equipos internacionais como Europol e Interpol, ao mesmo tempo que segue formándose como matemática na Universidade Internacional da Rioxa (UNIR), escribe e imparte clases e conferencias sobre ciberseguridade.
"Cando falamos de ciberacoso ou ciberbullying pensamos que iso pásalles a outros. Ou depredadores sexuais: pódenos tocar a calquera. Non sabedes as veces que escoitei: «É que nunca pensei que isto me fose a pasar a min»", afirma a experta e autora de libros como 'Instinto e pólvora' e 'Os nosos fillos na rede', onde achega consellos prácticos para coñecer os risco da internet e como evitalos. "Estamos a tempo de que se tome a ciberseguridade en serio, porque non se ve pero asegúrovos que séntese. Porque o dano físico pasa, pero o virtual permanece. O 90% dos ciberdelitos poderíanse evitar se fósemos máis precavidos na rede", conclúe.
0 comentarios