NIÑATOS OU PERSOAS MADURAS SEGUNDO PARA QUE OU PARA QUEN
Adolescentes / Imaxe:espaciorientacion.es
Irene ten 16 anos e, como todas as adolescentes, crese moi maior e moi autónoma. A lei autorízalle a facer moitas cousas. Pode ter relacións sexuais, casarse, facerse un piercing (de feito, practicouno ás agachadas sen que ninguén lle pedise acreditar a súa idade), e mesmo abortar sen permiso paterno. Non obstante, non pode votar nin conducir nin comprar tabaco nin alcohol nin ir á discoteca legalmente.
A súa amiga, Nora, ten 14 e quizais non saiba que xa podería facer testamento, disparar unha escopeta de caza acompañada dos seus pais e que, se delinquise, sería responsable penal dos seus actos, pero é moi consciente de que aínda non pode tradearse a pel para poñerse un aro no embigo.
O seu veciño, Nicolás, de 18 anos recén cumpridos, podería facer todo iso, menos abortar, obviamente, máis o que lle viñera en gana dada a súa maioría plena de idade. Non obstante, non lle é posible, de momento e por razóns económicas, nin irse de casa dos seus pais nin se sacar o carné de conducir, e, dende logo, non ten ningunha présa por exercer o seu flamante dereito ao voto.
Irene, Nora, Nico e os seus amigos Jorge, de 15 anos, e Laura, de 17, son, como todos os adolescentes españois, uns niñatos ou unhas persoas maduras segundo para que e para quen.
Repasemos as idades de estrea dos nosos adolescentes:
Voto: Aos 18 anos.
Sanidade: Os nenos de 12 anos teñen dereito a ser escoitados á hora de aceptar ou non un tratamento médico. A partir dos 16, poden prestar, ou non, o consentimento médico por eles mesmos sen permiso dos seus pais, menos en tres excepcións: aborto, cirurxía estética e tratamentos de reprodución asistida.
Piercings e tatuaxes: 16 e 18, respectivamente. Na práctica, non se cumpre.
Facer testamento: Aos 14 anos.
Responsabilidade penal: Dende os 14 anos, os adolescentes poden ser imputados e condenados. Ata os 14 anos, son inimputables.
Emancipación: Aos 16 anos, poden irse de casa e dispoñer dos seus bens, con permiso dos pais. A idade media real son 29.
Licenza de caza: Aos 16 anos. Antes, aos 14, poden portar armas con consentimento paterno.
Relacións sexuais: Agora, a idade de consentimento sexual está nos 13 anos. A reforma que se está a levar a cabo pretende atrasala ata os 16.
Traballo: Aos 16, despois do Ensino Secundario Obrigatorio.
Matrimonio: Agora, aos 14, con consentimento paterno. A reforma pretende atrasala aos 16.
Aborto: Agora, as menores de 16 e 17 anos, poden interromper o seu embarazo sen permiso paterno. A reforma que se está a tratar anulará este suposto ou limitará o dereito ás maiores de 18.
Alcohol e tabaco: Está prohibida a súa venda aos menores de 18. Na práctica, a idade de inicio no consumo é aos 13 anos.
Carné de conducir: Ciclomotores: aos 15. Turismos: 18.
Redes sociais: Tuenti, Facebook e Twitter establecen unha idade mínima de 14 anos. Na práctica, non se cumpre.
Divorcio: Os nenos de 12 anos teñen dereito a ser escoitados en caso de disputa pola súa custodia.
Discotecas e xogo: 18 anos.
Os expertos non se poñen de acordó nas idades apropiadas para cada estreo, polo que seguirán sendo uns niñatos ou unhas persoas maduras segundo para que e para quen!
FONTE: Xonal El País / Luz Sánchez-Mellado
0 comentarios