UN LIBRO PARA LER: "O ESTRAÑO VERÁN DE TOM HARVEY"
Neste mes de setembro, chegou ás miñas mans o libro "O ESTRAÑO VERÁN DE TOM HARVEY" (Edicións B, S. A., Barcelona ,2017), de Mikel Santiago (Portugalete-Viscaia, 1975).
Nun primeiro momento, o libro impúxome, pois o tamaño é considerable, 495 follas, pero despois de comezar a lelo xa non me importou. Tanto foi que en 5 tardes estaba liquidado. O motivo, enganchoume de tal forma que me atrapou. Asasinatos, suspense... Intriga constante. Por certo o final, de película.
Sinopse: «Eu estaba en Roma cando Bob Ardlan chamoume. Para ser exactos: estaba cunha muller en Roma, cando Ardlan chamoume. Así que cando vin o seu nome na pantalla do teléfono pensei: "Que demos, Bob. Non me chamas nunha eternidade e vés estragarme o mellor momento do verán". E deixeino soar.
Dous días despois, souben que Bob caera desde o balcón da súa mansión en Tremonte poucos minutos despois de marcar o meu número. Ou talvez empuxárano? Non me quedaba máis remedio que pisar o acelerador do coche e plantarme alí para facer unas cantas preguntas.»
Moi recomendable!
0 comentarios