BILLETES DO MUNDO XXXIV
Continúo coa serie BILLETES DO MUNDO. Hoxé tócalle a Tunisia (República de Tunisia / الجمهورية التونسية el-Jomhūriya it-Tūnisiya), é un país situado no norte de África, máis concretamente na costa mediterránea. A súa moeda de curso legal é o dinar tunisiano (TND).   Divídese en 1.000 millimes.        Existen moedas de 1, 2, 5, 10, 20, 50, 100 e 200 millimes e  ½, 1, 2 e 5 dinares. En     canto    aos   billetes hainos de 5, 10, 20 e 50 dinares. Esta  divisa ten unha gran peculiaridade e é que está prohibido sacar a moeda  local do país. Con iso conseguen que a divisa se manteña forte e non  sufra moitas  fluctuacións respecto ao Dólar estadounidense ou ao Euro. 1 dinar tunisiano  =   0,313  €. O  banco emisor é o   Banque Centrale de Tunisie / BCT). 
A modo de exemplo, aquí tes o billete de 10 dinares tunisianos.

Mañá un novo biellete e outro país!
FONTE: numismaticodigital.com e wikipedia
 
       
		
0 comentarios