Blogia
vgomez

O CEREBRO ADOLESCENTE

 

Neuróloga e nai, así se define Frances Jensen, unha das voces máis respectadas a nivel internacional polos seus estudos sobre o cerebro adolescente. É presidenta do Departamento de Neuroloxía da Universidade de Pensilvania. Jensen foi tamén profesora de neuroloxía na Escola de Medicina de Harvard, directora de  neurociencia  traslacional e directora de investigación sobre epilepsia no Hospital de nenos de  Boston. No seu último traballo “O cerebro adolescente. Guía dunha nai  neurocientífica para educar adolescentes”, a  neurocientífica ofrece unha mirada revolucionaria sobre esta etapa da vida. Un manual científico para pais e educadores que permite entender como funciona a mente adolescente e achega claves para axudar aos mozos para facerse adultos. “Os adolescentes son máquinas de aprendizaxe” sostén a  neuróloga, aínda que matiza que “aprenden mellor tanto o bo como o malo”. Desde a súa posición privilexiada como científica, profesora e nai, Jensen explora, disipa mitos sobre a adolescencia e brinda consellos prácticos para superar esta complexa etapa vital.

0 comentarios