Blogia
vgomez

CANTO SABES DE ARQUEOLOXÍA? XV

Continúo coa serie Canto sabes de arqueoloxía?, na que se pon a proba os teus coñecementos sobre esta disciplina que estuda as sociedades antigas a partir dos seus restos materiais.

A contestación correcta á pregunta de onte é Burgos. Atapuerca é un concello español da provincia de Burgos (Castela e León). Neste municipio e no de Ibeas de Juarros atópase a Zona Arqueolóxica Serra de Atapuerca, con excepcionais achados arqueolóxicos e paleontolóxicos. Foi declarada Ben de Interese Cultural na categoría de Zona Arqueolóxica o 19 de decembro de 1991.

E imos coa pregunta de hoxe!

15. As covas cántabras de Altamira conservan un dos conxuntos de arte rupestre máis importantes de Europa. Descuberta en 1868, conserva no seu interior a chamada Sala dos polícromos, cuxo teito contén un magnífico ciclo de pinturas que é coñecido como a capela sixtina da arte cuaternario. Sabes que animais son os máis representados nel?

- Cabalos

- Rinocerontes lanudos

- Bisontes europeos

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es e gal.wikipedia.org   Imaxe: historia.nationalgeographic.com.es

0 comentarios