Blogia
vgomez

COPRINUS COMATUS: UN COGUMELO AO SERVIZO DO TERCEIRO REICH

A primeira vez que tiven contacto cos este cogomelo foi cando se inagurou o actual CEIP "Manuel R. Sinde" da nosa localidade. Sobre aquel terreo cheo de entullos apareceu o Coprinus comatus.

O matacandil (Coprinus comatus), tamén coñecido como barbuda, é un cogomelo da orde dos Agaricales. O seu sombreiro é de cor branca-sepia, con escamas imbricadas algo máis escuras. O diámetro é de 3 a 8 cm., e a altura de até 20 cm. As lamelas son primeiro brancas, logo rosadas e ó final negras. O pé é longo, liso e oco cun anel baixo. Sepárase facilmente do chapeu e pode alcanzar 20 cm. de altura.

Medra en pasteiros ben abonados, parques, bordos de camiños, terreos removidos e vertedoiros, desde primavera até finais de outono. Considérase un comestible excelente, aínda que ten que consumirse o mesmo día que se colleita, cando as lamelas son fundamentalmente brancas ou a principio de rosadas. As esporas son de cor verde.

No seu consumo hai que ter coidado pois ten un inimigo o alcol, xa que produce unha substancia coñecida como coprina,  que inhibe a encima hepática encargada de metabolizar o alcol.

Como curiosidade, a última fase da vida deste cogumelo, cando ten un as lamelas negras,  tivo un papel importante durante a Segunda Guerra Mundial. Nesta época a liña que separaba a vida da morte era moi delgada. Dispoñer dun documento ou pasaporte que permitise o libre movemento pola Alemaña nazi ou a Francia ocupada era un luxo que non estaba ao alcance de calquera e que evitaba a deportación aos campos de concentración.

Con estas vimbias é fácil adiviñar o rol que desempeñaron os falsificadores de rexistros matrimoniais, partidas de nacemento, pasaportes e  salvoconductos durante a contenda. Un dos máis famosos e heroicos foi Adolfo Kaminsky, un membro da resistencia francesa que co seu traballo de ourive conseguiu salvar centos de vidas humanas.

O que o  falsificador de París non sabía é que a contraespionaxe nazi contaba entre as súas filas cun aliado de excepción, o Coprinus comatus. O servizo de intelixencia teutón descubriu, por casualidade, que coa súa tinta poderíase verificar a autenticidade dos documentos alemáns.

O proceso que as autoridades levaba a cabo era moi sinxelo. Á tinta habitual que usaban para redactar pasaportes,  salvoconductos, documentación clasificada… engadían a tintura obtida a partir do Coprinus comatus. Se máis adiante queríase verificar a autenticidade bastaba con analizar a escritura baixo un microscopio, se atopaban trazos de esporas a lexitimidade era incuestionable, en caso contrario estaban diante unha falsificación. Desta forma, o Coprinus comatus converteuse nun involuntario xermanófilo do Terceiro Reich.
A natureza, como moitas veces, vólvese contra o ser humano!
FONTE: gal.wikipedia.org e Pedro Gargantilla/abc.es/ciencia    Imaxe: wikipedia.org

0 comentarios