ENCRUCILLADO LXI
VERTICAIS: 1. Movemento de liberación nacional do Sahara Occidental, que traballa para acabar coa ocupación de Marrocos e conseguir a autodeterminación do pobo saharauí 3. Capital do estado de EE UU de Kansas 4. Arbusto da familia das ericáceas, de folla sempre verde, que pode chegar aos cinco metros de altura, florece polo inverno e dá un froito doce e redondo de ata tres centímetros, vermello por fóra e amarelo por dentro e de nome científico Arbutus unedo 5. Lobienses son os habitantes do concello ourensán de... 8. Capital da República de Colombia 9. Cada unha das dezaseis entidades territorais nas que desde 1990 divídese a República Federal de Alemaña.
HORIZONTAIS: 2. Río aragonés, afluente do Ebro pola beira esquerda, ao que se une preto de Zaragoza despois de 215 km de curso 6. Cabo situado na parroquia de Covas, no municipio de Ferrol (A Coruña), que forma un promontorio que penetra no mar uns 4 quilómetros en dirección SE-NO 7. Peixe mariño da superorde dos teleósteos, de corpo aplanado case circular, sen escamas e cuberto de tubérculos óseos, ollos no lado esquerdo da cabeza e cor xeralmente castaña agrisada ou verdosa con puntos amarelos ou negros por arriba e abrancazado por abaixo e de nome científico Psetta maxima 10. Revista impulsada e dirixiida por Vicente Risco, publicada en gallego entre 1920 e 1936 con contidos literarios, lingüísticos, artísticos, etnográficos, filosóficos e de pensamento político.
0 comentarios