Blogia
vgomez

A CIENCIA NO 2020 (XII-FIN)

Remato co repaso as noticias que marcaron o ano 2020 no eido da investigación científica, nas súas diversas disciplinas. Agora tócalle o turno último mes do ano...


DECEMBRO


 

1. Comeza a vacinación contra a covid: Margaret  Keenan, de 90 anos, recibiu a vacina de Pfizer/BioNtech contra a covid, o día 8, converténdose así na primeira persoa en ser vacinada no Reino Unido, que se adiantou a outros países europeos e a Estados Unidos na autorización diste inxectable contra o coronavirus.

2. Elemento crave das moléculas orgánicas descuberto en meteoritos: Científicos de Xapón e da NASA confirmaron a presenza en meteoritos dunha molécula orgánica clave que pode ser utilizada para construír outras moléculas orgánicas, incluíndo algunhas utilizadas pola vida. O descubrimento valida as teorías da formación de compostos orgánicos en ambientes extraterrestres.

3. Os ións quéntanse no plasma espacial: Novas simulacións realizadas en parte na  supercomputadora  ATERUI II en Xapón atoparon que a razón pola que os ións existen a temperaturas máis altas que os electróns no plasma espacial é porque son máis capaces de absorber a enerxía das  fluctuaciones turbulentas  compresivas no plasma. Estes resultados teñen importantes implicacións para comprender as observacións de varios obxectos astronómicos, como as imaxes do disco de acreción e a sombra do buraco negro supermasivo en M87 capturadas polo Telescopio Horizonte de Sucesos.

FONTE: Idea orixinal Laura Marcos/muyinteresante.es e noticiasdelaciencia.com

0 comentarios