Blogia
vgomez

CANTO SABRES SOBRE BOTÁNICA VII

Coninúo con esta serie, adicada a botánica ou fitoloxía, esa rama da bioloxía que estuda as plantas, baixo todos os seus aspectos.

A resposta á pregunta do día anterior é Xilema. É un tecido vexetal lignificado de condución que fornece líquidos dunha parte a outra das plantas vasculares. Transporta auga, sales minerais e outros nutrientes desde a raíz ata as follas das plantas. A substancia transportada denomínase zume bruto. Pola contra, o floema, conduce substancias orgánicas producidas nos lugares de síntese, fundamentalmente nas follas, e nas estruturas de almacenamento, ao resto da planta.

E imos coa pregunta de hoxe!

7. As plantas respiran...

- De día e de noite

- Só de noite

- Non respiran

- Só de día

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal nationalgeographic.com.es e wikipedia.org         Imaxe: botanical-online.com

0 comentarios