HEDY LAMARR: ACRIZ E INVENTORA
A austriaca Hedwig Eva Maria Kiesler (1914-2000), coñecida como Hedy Lamarr, foi en moitos aspectos unha incomprendida e unha adiantada ao seu tempo, especialmente ao que a tecnoloxía refírese.
Considerada polos seus profesores como superdotada, empezou os seus estudos de enxeñería aos 16 anos, pero tres anos máis tarde, en 1933, abandonou a enxeñería atraída pola súa vea artística, dano os primeitos pasos na academia berlinesa do director Max Reinhardt.
O seu primeiro papel importante chegou aos dezaoito anos, 1933, con Ecstasy (Éxtase), unha película de factura checa que pasou aos anais da Sétima Arte polo seu elevado contido erótico (aparecía completamente espida) e porque protagonizou o primeiro orgasmo feminino da historia do cinema. Foi un verdadeiro escándalo, Hedy estivo en boca de medio mundo, o Papa Pio XI denunciou o filme e mesmo Hitler chegou a prohibir a súa proxección nas salas alemás.
Pouco tempo despois casou co fabricante de armas austriaco Fritz Mandl, trinta anos maior que ela, o provedor oficial de armas dos réximes fascistas italiano e alemán. Foi unha época gris, na que o seu esposo exerceu un férreo control sobre a súa vida ata o punto de obrigala a abandonar os estudos cinematográficos.
Os acontecementos que propiciaron o inicio da Segunda Guerra Mundial, unidos á súa condición de xudía, favoreceron que deixase a Mandl, o primeiro dos seus seis esposos, e fuxise a Inglaterra disfrazada de asistente doméstica.
Na capital inglesa entrevistouse co produtor Louis B. Mayer, quen a conseguiu o seu primeiro papel para a Metro Goldwin Mayer, foi un punto de inflexión na súa apoteósica carreira, xa nos EE UU.
Na década dos trinta e corenta compartiu repartición con actores da talla de Spencer Tracy, Jame Stewart ou Clark Gable. Hedy non só foi aplaudida polas súas excelentes interpretacións, senón que ao mesmo tempo foi considerada a muller máis bela do mundo. Anos máis tarde o seu inesquecible rostro serviu de inspiración para dous personaxes coñecidos por todos os públicos: Brancanireves e Catwoman.
Ata aquí a parte máis coñecida, pero quizais non todos saiban que debaixo dese rostro agraciado escondíase unha mente prodixiosa para a invención e que algúns dos os seus descubrimentos acabaron cristalizando na tecnoloxía que utilizamos a diario, como o Wifi e o Bluetooth.
Foi durante a Segunda Guerra Mundial cando descubriu o seu talento innato para a física e as matemáticas, dous ingredientes que unidos á súa enorme creatividade deron solucións a varios problemas complexos. Por exemplo, foi ela quen deu a idea a Howard Hughes de revolucionar o deseño das ás dos avións, engadindo curvas e conseguindo formas máis aerodinámicas.
Ademais, traballou en novos sinais de tráficos, en pastillas para transformar a auga en refrescos ou nun sistema de transmisión de radio con saltos de frecuencia, espectro expandido, que impedisen que os sinais de control dos torpedos dos aliados puidesen ser interceptadas polos nazis.
Desgraciadamente Hedy adiantouse en varias décadas, non había tecnoloxía suficiente para poder facer fronte a aquelas invencións. Foi moito tempo despois, cando a idea das frecuencias cambiantes deu orixe ao Bluetooth e a Wifi, de forma que se poidan evitar as interferencias producidas por outros dispositivos próximos.
A súa traxectoria, polo menos, cristalizou en dous recoñecementos: Hedy Lamarr ten a súa estrela propia no Paseo da Fama de Hollywood e foi incluída no Salón da Fama dos Inventores de Estados Unidos. Ademais, e disto seguramente estaría moi orgullosa, todos os 9 de novembro, a data do seu nacemento, na súa Austria natal celébrese o «Día do Inventor».
FONTE: Pedro Gargantilla/abc.es e wikipwdia.org
0 comentarios