Blogia
vgomez

CANTO SABES SOBRE BOTÁNICA? XXII

Coninúo con esta serie, adicada a botánica ou fitoloxía, esa rama da bioloxía que estuda as plantas, baixo todos os seus aspectos.

A resposta á pregunta do día anterior é Un estróbilo. Os estróbilos ou conos son unha estrutura propia das coníferas, coma os piñeriros, portadora das sementes (piñón). Os piñeiros son monoicos, é dicir, conteñen órganos masculinos e femininos (conos) na mesma árbore.

E imos coa pregunta de hoxe!

22. A mazá é un tipo de froito denominado...

- Sicono

- Drupa

- Pomo

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal nationalgeographic.com.es e wikipedia.org         Imaxe: biotrendies.com

0 comentarios