MITOS SOBRE O CAMBIO CLIMÁTICO XI
Seguimos con esta serie adicada a intentar desmontar algúns dos enganos e falsas afirmacións que circulan relacionados co cambio climático.
11. TODOS OS FENÓMENOS METEOROLÓXICOS EXTREMOS SON CONSECUENCIA DO CAMBIO CLIMÁTICO
Da mesma maneira que unha onda de frío non demostra que o cambio climático non exista, é demasiado atrevido afirmar que cada fenómeno extremo sexa consecuencia directa do mesmo. Furacáns, tornados, ondas de frío… todos son procesos dinámicos que teñen lugar de forma natural no noso planeta. Iso si, parece que o cambio climático pode provocar que algúns destes eventos sexan máis devastadores. No Mediterráneo, por exemplo, espérase que a cantidade de precipitación media descenda, pero é posible que as choivas que se produzan teñan un carácter moito máis torrencial.
Mañá outro mito!
FONTE: Victoria González/muyinteresante.es
0 comentarios