ENCRUCILLADO LXIX
VERTICAIS: 1. Capital da Comunidade Autónoma de Extremadura 2. Principal afluente do río Xúcar 3. Novela de 2020, con temática de amor, do escritor catalán de nacemento, ascendencia galega e adopción compostelán, Manuel Portas 4. Capital de Somalia 6. Servicio Público de Emprego Estatal 8. 6ª illa máis grande do mundo e a mallor illa de Indonesia.
HORIZONTAIS: 5. Ferramenta do carpinteiro máis longa ca o cepillo e con puño, que serve para labrar ou tornar lisas as superficies de madeira 7. Nome do Mars Rover que chegou a marte o pasado día 18 de febreiro 9. Volcán activo situado na costa de Sicilia e que recentemente entrou en erupción 10. Peixe mariño da familia dos gádidos, de cor tirando a verde no lombo e prateada nos costados, que vive en fondos rochosos ata os douscentos metros de profundidade, que pode chegar a medir máis dun metro de lonxitude e de nome científico Pollachius pollachius.
0 comentarios