CANTO SABES DE XEOLOXÍA? VI
Continúo coa serie Canto sabes de xeoloxía? A xeoloxía é o estudo da Terra, dos materiais de que está feita, a estrutura deses materiais e os procesos que actúan sobre eles. Inclúe o estudo de organismos que habitaron o noso planeta.
A contestación correcta á pregunta de onte é Falso. O núcleo externo da Terra é unha capa líquida composta por ferro e níquel, situada entre o manto e o núcleo interno. O seu límite superior é a descontinuidade de Gutenberg, situada a un 2.885 km de profundidade, mentres que o seu límite inferior é a descontinuidade de Lehmann, situada a un 5.155 km. Ten un grosor dun 2.270 km. A súa temperatura varía desde os 4400 °C na súa rexión superior ata os 6100 °C na súa zona inferior.
E imos coa pregunta de hoxe!
6. Que tipo de rocha é a lousa?
- Sedimentaria
- Metamórfica
- Ígnea
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es/ciencia e wikipedia.org
0 comentarios