CANTO SABES DE ANATOMÍA? XVIII
Continúo coa serie adicada a anatomía, esta rama das ciencias naturais relativa á organización estrutural dos seres vivos, é dicir, a forma, topografía, localización, disposición e a relación entre si dos órganos que as compoñen.
A contestación correcta á pregunta de onte é Ningunha das anteriores é correcta. O óso parietal é un óso do cranio, plano, par, de forma cuadrilátera, con dúas caras, interna (endocraneal) e externa (exocraneal), e catro bordos cos seus respectivos ángulos. Atópase cubrindo a porción superior e lateral do cranio, por detrás do frontal, por diante do occipital e montado sobre o temporal e o esfenoides. Ambos os ósos parietais articúlanse, a través dunha liña media: a sutura saxital.
E imos coa pregunta de hoxe!
18. Identifica esta parte do corpo humano.
- Traquea
- Tiroide
- Larixe
- Esófago
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE: Idea orixinal alfalr.com e gal.wikipedia.org
0 comentarios