Blogia
vgomez

O ICEBERG MÁIS GRANDE DO MUNDO

Foron os satélites da Axencia Espacial Europea os que detectaron o desprendemento do iceberg bautizado como A-76 na Antártida. O anaco de xeo en forma de dedo, que ten aproximadamente 170 quilómetros de longo e 25 quilómetros de ancho, frota agora libremente no mar de Weddell, unha gran baía no oeste da Antártida onde o explorador Ernest Shackleton perdeu unha vez o seu barco, o Endurance, debido precisamente a un bloque de xeo.

Este iceberg de 4.320 quilómetros cadrados converteuse no máis grande do mundo superando ao iceberg A-23A que ten uns 3.380 quilómetros cadrados e tamén flota no mar de Weddell.

O A-76 foi detectado por primeira vez polo British Antarctic Survey e confirmado polo Centro Nacional de Xeo de EE. UU. Primeiro foi captado pola misión Copérnico da Unión Europea, unha constelación de dous satélites que orbita os polos da Terra, que confirmou unha observación anterior realizada polo mencionado British Antarctic Survey, que foi a primeira organización en darse conta da dramática e xigantesca ruptura.

A plataforma de xeo de Ronne no flanco da península antártica é unha das máis grandes das enormes capas de xeo flotantes que se conectan coa masa terrestre do continente e esténdense cara aos mares circundantes. Aínda que forma parte do ciclo natural que anacos se desprendan, non podemos obviar que algunhas plataformas de xeo ao longo da península antártica sufriron unha rápida desintegración nos últimos anos, un fenómeno que os científicos cren que pode estar relacionado co cambio climático.

FONTE: Sarah Romero/muyinteresante.es

0 comentarios