Blogia
vgomez

A MOTIVACIÓN É UN AMPLIFICADOR DO TALENTO

 

Quería ser campión de Europa de balonmán e, camiño ao seu soño, Xesco Espar mudou varias veces de pel. A súa casa é o FC Barcelona. Baixo este teito foi xogador, preparador físico e adestrador.

 Espar debutou nas categorías inferiores do club azulgrana e conquistou unha Recopa de Europa e unha Copa do Rei nas dúas únicas tempadas que xogou no primeiro equipo. “Dos malos era o bo, pero dos bos era o malo”, recoñece con humor o exxogador. Licenciado en Ciencias da Actividade Física e do Deporte na Universidade de Barcelona e Máster en Psicoloxía da Aprendizaxe pola Universidade Autónoma de Barcelona pasou a adestrar ao conxunto júnior do club a principios dos noventa. Tras seis anos deu o salto á primeira categoría do FC Barcelona como preparador físico e axudante do adestrador Valero Rivera. Xesco Espar foi o seu sucesor no banco barcelonista e, na súa primeira tempada á fronte do equipo, conquistou —ao fin— a Copa de Europa. “Non cambiei o meu obxectivo, cambiei o vehículo”, asegura o adestrador.

 Durante case 30 anos foi tamén profesor do INEFC Barcelona, pero a última pel de Xesco Espar é a de especialista en planificación e coaching deportivo, alto rendemento, control emocional e motivación. Ademais, é autor dos libros superventas ‘Xogar co corazón’ e ‘O caderno: Os 10 hábitos que constrúen á xente extraordinaria’. Aos seus lectores, como aos seus alumnos, transmite a importancia destes piares: fe, respecto, paixón, determinación e familia. “Os valores son nosa guía na vida”, sentenza.

0 comentarios