FLOREANO E O ANO SANTO
Non se trata do humor gráfico de Gogue (Ángel Rodríguez López - O Grove-Pontevedra, 1953), que aparece no xornal Faro de Vigo diariamente. É un selo! Si, un selo que Correos puxo onte en circulación, adicado ao Ano Santo Xacobeo 2021-2022 protagonizado por Floreano, neste caso de peregrino.
Esta emisión filatélica conta cunha tirada de 160.000 exemplares. Os efectos postais miden 28,8 x 40,9 mm e son de tarifa B, o que permitirá que a imaxe de Floreano viaxe por toda Europa a través de cartas e postais, axudando así a difundir o Ano Santo.
Unha boa iniciativa!
FONTE: R. V. /farodevigo.es
0 comentarios