Blogia
vgomez

ESPECIES BAUTIZADAS CON HONORES

ESPECIES BAUTIZADAS CON HONORES

 

Cando un equipo de científicos descobre unha nova especie, tanto un fósil como un exemplar vivo aínda sen catalogar, ponse en marcha un complexo proceso para bautizala. “Existen moitas regras. Para ser exactos, un libro enteiro: o Código Internacional de Nomenclatura Zoolóxica (ICZN)”, destaca Thomas Geissmann, investigador no departamento de Antropoloxía da Universidade de Zúric (Suíza).

Entre todas estas normas hai unha certa marxe para a creatividade, que os científicos utilizan para idear nomes cunha boa dose de enxeño. Bautizar a unha especie en honra a un investigador recoñecido, a un divulgador ou a un personaxe que loitou por conservar a biodiversidade é unha práctica moi habitual en zooloxía.

O naturalista británico David Attenborough (8 de maio de 1926) ten decenas de especies chamadas na súa honra. A máis recente é un fósil duns 430 millóns de anos, parente das lagostas e os cangrexos. Descuberto por un equipo internacional dirixido pola Universidade de Leicester (Reino Unido), o crustáceo, duns nove milímetros de lonxitude, conservábase nos depósitos de cinzas volcánicas dunha zona mariña de Herefordshire, na fronteira con Gales.

O naturalista británico David Attenborough tene decenas de especies chamadas na súa honra / Taylor Herring/Flickr

O fósil foi bautizado como Cascolus ravitis en honra ao naturalista, que medrou no campus da Universidade de Leicester. Cascolus derívase de castrum, que significa ‘fortaleza’, e de colus, que significa ‘que habita en’, e que alude aos devanceiros ingleses do apelido Attenborough. En canto a ravitis, é unha combinación de Ratae (‘Leicester’ en romano), vita (‘vida’) e commeatis (‘un mensaxeiro’).

Coñecido como membro do hilarante grupo británico Monty Python, o actor John Cleese (27 de outubro de 1939) é un comprometido defensor dos lémures. Cleese coñeceu a estes animais na película Criaturas feroces (1997) e desde entón interesouse en protexelos, especialmente, ao  lémur de colar branco e negro, en perigo crítico segundo a Lista Vermella de Especies Ameazadas da Unión Internacional para a Conservación da Natureza (IUCN).

O lémur Avahi cleesi nomeado na honra do actor John Cleese / Dr. Urs Thalmann

En recoñecemento aos seus esforzos conservacionistas, o antropólogo Thomas Geissmann denominou Avahi cleesi a unha nova especie de lémur lanudo, descuberta ao oeste de Madagascar en 1990 e descrita en 2005. “John  Cleese expresara o seu apoio á conservación do lémur e participou nun documental sobre os lémures de Madagascar e a súa preservación”, explica Geissmann. A nova especie tamén está en perigo segundo a Lista Vermella da IUCN.

Se hai unha obra cume en bioloxía é A orixe da especies (1859) do lendario Charles Darwin (12 de febreiro de 1809-19 de abril de 1882). Por iso, non é de estrañar que centos de criaturas leven o seu apelido. Se temos que elixir unha quedámonos con Darwinius masillae, un primate extinto que viviu hai 47 millóns de anos. Ademais de ser o fósil máis completo desta orde de mamíferos, describiuse coincidindo cos 200º aniversarios de Darwin.

Esqueleto do Darwinius masillae / Franzen JL et al./PLOS ONE

Os restos acháronse en 1993 na canteira de Messel (Alemaña) e vendéronse en dous partes, que foron unidas en 2007. As probas revelaron que se trataba dunha femia falecida no seu primeiro ano de vida á que chamaron Ida. O achado, presentado en Nova York (EEUU) nunha multitudinaria rolda de prensa, foi cualificado por moitos medios como “o elo perdido”, algo esaxerado en opinión dun equipo de investigadores noruegueses.

O terceiro presidente dos Estados Unidos de América, Thomas Jefferson (13 de abril de 1743-4 de xullo de 1826), foi, ademais de político, un apaixonado pola ciencia. A súa obsesión por animais descoñecidos levoulle a describir en 1797 uns ósos achados en Virginia Occidental (EEUU) como megalonyx.

Pouco antes de que falecese, en 1825 este nome utilizouse para denominar a un xénero extinto de preguiceiros terrestres. Na súa honra, unha da especies chamouse Megalonyx jeffersonii. Co seu apelido tamén se bautizaron unha vise, unha planta e un  mamut.

Carlos Linneo (23 de maio de 1707-10 de xaneiro de 1778) revolucionou a bioloxía ao crear un novo sistema de clasificación dos seres vivos baseado en dous nomes: o primeiro, o do xénero, e o segundo, o da especie. Considerado o pai da taxonomía, calcúlase que, con este sistema, chegou a clasificar máis de 9.000 plantas e ao redor de 4.000 animais.

Linnaea borealis, unha das plantas nomeadas na honra do padre da taxonomía Carlos Linneo / Walter Siegmund

 Unha das plantas bautizadas na súa honra é Linnaea, a súa favorita, que descubriu no norte de Suecia en 1732. O seu profesor, Jan Frederik Gronovius, chamou ao xénero así en 1753, en recoñecemento ao seu brillante alumno.

FONTE: Laura Chaparro/bbvaopenmind.com

0 comentarios