CANTO SABES SOBRE A ENERXÍA NUCLEAR? III
Continúo coa seria adicada á enerxía nuclear, xerada nun proceso físico do interior dos átomos e das partículas máis pequenas que os forman: os protóns e os electróns, e na que se depositan as esperanzas nesta fonte de enerxía como apoio para deixar atrás aos perigosos combustibles fósiles, para abrir camiño a unha transición enerxética da man das coñecidas como enerxías renovables (eólica, solar...); pero que debido á súa mala fama herdada dos horrores das armas nucleares, e dalgúns accidentes de centrais nucleares primitivas (que pouco teñen que ver coas actuais), a información que rodea á enerxía nuclear continúa infestada de medos e mitos.
Á resposta á pregunta de onte é O proceso polo cal, a temperaturas elevadísimas, realízase a unión de dúas ou máis núcleos lixeiros para dar lugar a átomos máis pesados. A fusión (unión, anexión) é o proceso máis ou menos contrario á fisión, e para iso necesítanse temperaturas elevadísimas: de centos de millóns de graos centígrados.
E imos coa pregunta de hoxe!
3. Onde se produce a fusión nuclear na natureza?
- No núcleo da Terra
- No interior das estrelas, como o noso Sol
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es/ciencia
0 comentarios