A DANZA DAS ABELLAS
O apicultor e mestre Gerardo Pérez teno claro: o amor á natureza vén polo coñecemento. “Todos os animais son marabillosos, ata o verme máis asqueroso. Todos son incribles... se os coñeces”, afirma. El empezou a traballar coas abellas hai máis de 30 anos, pero continúa fascinándose cada día con elas: “As abellas son grandes descoñecidas. Forman sociedades complexas e perfectamente organizadas, das que os seres humanos poderiamos aprender moito”, explica.
“A desaparición das abellas é un problema moi grave para a humanidade”, engade. E é que calcúlase que estes pequenos insectos son os responsables da polinización dun terzo da alimentación mundial: “É moi probable que os produtos químicos debilitaran o sistema inmunológico das abellas. Os científicos están moi preocupados porque as consecuencias poderían ser graves para o planeta”.
Tras estudar Maxisterio en Madrid, Gerardo Pérez meteu na maleta a súa vocación de mestre e puxo rumbo a unha vida rural, afastado do ruído urbanita. Chegou á espectacular paraxe da Serra de Gredos e alí creou algo único: a ‘Aula Museo das Abellas’, un centro de educación ambiental onde nenos e maiores poden descubrir o apaixonante mundo destes insectos: “Creo que o amor á natureza vén polo coñecemento. Só poderémola amar e respectar se a coñecemos”, conclúe.
0 comentarios