CANTO SABES SOBRE A ENERXÍA NUCLEAR? X
Continúo coa seria adicada á enerxía nuclear, xerada nun proceso físico do interior dos átomos e das partículas máis pequenas que os forman: os protóns e os electróns, e na que se depositan as esperanzas nesta fonte de enerxía como apoio para deixar atrás aos perigosos combustibles fósiles, para abrir camiño a unha transición enerxética da man das coñecidas como enerxías renovables (eólica, solar...); pero que debido á súa mala fama herdada dos horrores das armas nucleares, e dalgúns accidentes de centrais nucleares primitivas (que pouco teñen que ver coas actuais), a información que rodea á enerxía nuclear continúa infestada de medos e mitos.
Á resposta á pregunta de onte é Verdadeiro. Toda a materia que nos rodea emite radiación, incluso nós mesmos; de feito, a radiación de orixe natural é a responsable do 87% da dose total que recibe o ser humano.
E imos coa pregunta de hoxe!
10. Canto tempo dura a toxicidade dos residuos nucleares?
- Varios centos de anos
- Varios miles de anos
- Varios millóns de anos
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es/ciencia
0 comentarios