CANTO SABES SOBRE A ENERXÍA NUCLEAR? XIV
Continúo coa seria adicada á enerxía nuclear, xerada nun proceso físico do interior dos átomos e das partículas máis pequenas que os forman: os protóns e os electróns, e na que se depositan as esperanzas nesta fonte de enerxía como apoio para deixar atrás aos perigosos combustibles fósiles, para abrir camiño a unha transición enerxética da man das coñecidas como enerxías renovables (eólica, solar...); pero que debido á súa mala fama herdada dos horrores das armas nucleares, e dalgúns accidentes de centrais nucleares primitivas (que pouco teñen que ver coas actuais), a información que rodea á enerxía nuclear continúa infestada de medos e mitos.
Á resposta á pregunta de onte é Verdadeiro. A probabilidade de morrer nun accidente de avión é dunha entre 9.737, segundo o Consello Nacional de Prevención de Riscos (National Safety Council). Por outra banda, segundo Foro Nuclear, a probabilidade de que se produza un accidente nuclear (nin sequera de morrer nel, só de que se produza) é de [1x10(-6)] un por dez elevado a menos seis, o que é o mesmo que un único accidente nun millón de anos de funcionamento.
E imos coa pregunta de hoxe!
14. Cal das seguintes NON é un tipo de radiación perigosa para o ser humano?
- Raios X
- Radiación cósmica
- Radiación electromagnética
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es/ciencia
0 comentarios