CANTO SABES SOBRE A ENERXÍA NUCLEAR? XVI
Continúo coa seria adicada á enerxía nuclear, xerada nun proceso físico do interior dos átomos e das partículas máis pequenas que os forman: os protóns e os electróns, e na que se depositan as esperanzas nesta fonte de enerxía como apoio para deixar atrás aos perigosos combustibles fósiles, para abrir camiño a unha transición enerxética da man das coñecidas como enerxías renovables (eólica, solar...); pero que debido á súa mala fama herdada dos horrores das armas nucleares, e dalgúns accidentes de centrais nucleares primitivas (que pouco teñen que ver coas actuais), a información que rodea á enerxía nuclear continúa infestada de medos e mitos.
Á resposta á pregunta de onte é Verdadeiro. En torno ao 10 ou 15% da radiación que recibe un ser humano provén de fontes artificiais, como instrumentos médicos (radiografías); e só un 0,1% provén da energía nuclear. O que conta é a dose.
E imos coa pregunta de hoxe!
16. En que anos recibiu Marie Curie senllos premios Nobel polos seus descubrimentos sobre a radioactividade?
- 1906 e 1909
- 1903 e 1911
- 1905 e 1923
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es/ciencia
0 comentarios