Blogia
vgomez

CANTO SABES SOBRE A ENERXÍA NUCLEAR? XVII

Continúo coa seria adicada á enerxía nuclear, xerada nun proceso físico do interior dos átomos e das partículas máis pequenas que os forman: os protóns e os electróns, e na que se depositan as esperanzas nesta fonte de enerxía como apoio para deixar atrás aos perigosos combustibles fósiles, para abrir camiño a unha transición enerxética da man das coñecidas como enerxías renovables (eólica, solar...); pero que debido á súa mala fama herdada dos horrores das armas nucleares, e dalgúns accidentes de centrais nucleares primitivas (que pouco teñen que ver coas actuais), a información que rodea á enerxía nuclear continúa infestada de medos e mitos.

Á resposta á pregunta de onte é 1903 e 1911. A madamme Curie atribúenselle os primeiros estudos sobre o fenómeno da radioactividade (termo que ela mesma acuñou), o desenvolvemento de técnicas para o illamento de isótopos radioactivos e o descubrimento de dous elementos: o polonio e o radio. Foi a primeira muller en gañar un Nobel e a primeira persoa en gañar dous premios Nobel; o de Física en 1903 xunto ao seu marido Pierre Curie, e o de Química en 1911 en solitario.

E imos coa pregunta de hoxe!

17. Ademais da fabricación da bomba atómica, que outros usos (esta vez, pacíficos) déuselle á enerxía nuclear, ademais da xeración de enerxía?

- Como método diagnóstico

- Como método terapéutico

- Empregar unha agricultura máis eficiente

- Conservar os alimentos

- Manter as pragas baixo control

- Todas as anteriores

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es/ciencia

0 comentarios