Blogia
vgomez

ENCRUCILLADO LXXXII

VERTICAIS: 2. Comarca histórica de Andalucía, quecinclúe parte da provincia de Granada e parte da provincia de Almería, nas saias da parte sur de Serra Nevada 3. Nome do concello da provincia de Lugo, pertencente á Terra Chá e cuxa capitalidade é A Feira do Monte  5. Manipular cousas que estaban en orde deixándoas revoltas ou en mal estado 8. Unidade monetaria de Lituania ata xaneiro de 2015 en  que fois substiuída pol euro 9. Peixe da superorde dos teleósteos, do que existen varias especies, semellante ao linguado, aínda que máis pequeno e de inferior calidade. 

HORIZONTAIS: 1. País sen saída ao mar situado en Asia, concretamente na rexión de Oriente Medio, onde os talibáns tomaron o control logo da retirada de tropas estadounidenses deste territoro, o que ten similtude coma o segundo Vietnam 4. Capital de Comores, un país formado por tres illas no sueste de África, situado ao extremo norte da Canle de Mozambique no Océano Índico, entre o norte de Madagascar e o norte de Mozambique 6. Río de Portugal, dos máis importantes dos que discorren exclusivamente por territorio portugués, que nace na Serra de Caldeirão, a 230  m de altitude, e percorre 180 km antes de desembocar mediante un amplo esteiro, no océano Atlántico xunto á cidade de Setúbal 7. Apelido davpolítica alemá que desempeña as funcións de chanceler do seu país desde 2005 10. Arbusto espiñoso da familia das rosáceas do que existen diversas especies, con froito non comestible, que se utiliza para enxertar pereiras e maceiras.

0 comentarios