Blogia
vgomez

A EXPLORACIÓN E A PAISAXE: COMO SE FIXERON OS MAPAS?

 

Un científico con alma de explorador romántico, un escritor amante das paisaxes, un home do Renacemento en pleno século XXI. Así é Eduardo Martínez de Pisón, xeógrafo, alpinista, escritor, profesor e figura de referencia en España para a conservación do medio natural. Durante máis de 50 anos, este sabio apaixonado das montañas fixo delas a súa vida e a súa profesión.

Martínez de Pisón é catedrático emérito de Xeografía da Universidade Autónoma de Madrid e en 1991 recibiu o Premio Nacional de Medio Ambiente pola súa inestimable contribución á conservación de espazos naturais en España. Os seus traballos centráronse no estudo de paisaxes naturais, xeomorfoloxía de cordilleiras, pensamento xeográfico e xeografía ambiental. Escritor incansable, é autor de máis de 500 publicacións sobre xeografía, viaxes e estudos ambientais. Foi membro do Comité MaB español da UNESCO e participou como asesor de documentais de televisión no Polo norte, Alaska, Siberia, deserto do Gobi, deserto de Taklamakán, montañas de Asia Central, Ruta da Seda, etc.

Tamén é un dos maiores expertos do mundo en xeos e glaciares, sendo correspondente do ‘World Glacier Monitoring System’ e presidente do ‘Comité español para a Investigación científica da Antártida’ nos anos 90. Foi vogal do ‘Comité Científico de Parques Nacionais’ e é membro dos padroados do Parque Nacional de Ordesa e Monte Perdido, Parque Nacional da Serra de Guadarrama e Parque Nacional do Teide.

0 comentarios