Blogia
vgomez

CANTO SABES SOBRE OS MORCEGOS? XI

Continuo coa serie adicada aos morcegos, a miúdo etiquetados como pragas chupadoras de sangue ou portadoras de patógenos potencialmente mortais, como os coronavirus, pero esa reputación oculta todas as cousas boas que fan, desempeñando un papel crucial en moitos ecosistemas ao polinizar plantas e cultivos, e regular as poboacións de insectos.

A contestación correcta á pregunta de onte é 4. O seu primeiro dedo, que corresponderíá o polgar dunha persoa, é o máis pequenno dos dedos e conta cunha garra que adoita ser usada para reter obxectos, para camiñar, escalar ou para suxeitarse mesmo cando se pousan nalgún lugar. Todos os demais dedos carecen de garras, con excepción dalgúns frugívoros que posúen unha no seu segundo dedo. Excepto no polgar, todas as falanxes dos dedos das súas patas anteriores están especialmente alongadas para soster unha extensa e fina membrana de pel, flexible e elástica, que recibe o nome de patagio e que lle permite a sustentación no aire.

E imos coa pregunta de hoxe!

11. A Organización Mundial da Saúde (OMS) publicou, o 30/03/2021, un informe sobre a misión en China para descubrir as orixes do SARS- CoV-2, o coronavirus que causa a COVID-19. Segundo as súas conclusións, o escenario máis probable é que a transmisión do virus desde os morcegos aos humanos produciuse a través un terceiro animal, mentres cualifican a teoría de que se escapou dun laboratorio como "extremadamente improbable". Pero os morcegos están detrás doutras enfermedades. Cales son da seguinte lista?

- Virus da ébola

- SARS

- MERS

- Todos os anteriores

Maña a solución e última pregunta da serie!

FONTE: Idea orixinal nationalgeographic.com.es/naturaleza e bbc.com    Imaxes: rtve.es

0 comentarios