Blogia
vgomez

SÉTIMA RESERVA DA BIOSFERA DE GALICIA

Ás 6 reservas actuais engádese a sétima: Imaxe 1: Reservas actuais marcabiosfera.marinasbetanzos.gal/es Imaxe 2. Nova Reserva TRVE.es

O Consello Internacional de Coordinación do Programa Man and the Biosphere (MaB) da Unesco aprobou a declaración da candidatura da Ribeira Sacra, Serras do Oribio e Courel como nova Reserva da Biosfera, que afecta a 23 municipios, 18 da provincia de Lugo e cinco da de Ourense. A aprobación foi nunha sesión celebrada o pasado mércores na cidade nixeriana de Abuja.

Trátase da sétima reserva da biosfera de Galicia, co que a superficie galega con este recoñecemento increméntase ata chegar a case o 35% de todo o territorio, pero tamén supoñerá que o 42% da Comunidade quede amparado baixo algunha figura de protección, afianzando o recoñecemento e a riqueza do patrimonio natural galego en todo o mundo.

De feito, a Reserva da Biosfera Ribeira Sacra e Serras do Oribio e Courel é a segunda máis grande da Comunidade, xa que abarca unha superficie total de 306.534,77 hectáreas que se estende polos canóns do Sil e polo Río Miño e destaca pola súa gran beleza natural e pola riqueza cultural e etnográfica que atesoura.

Tras a proclamación por parte da Unesco, este territorio intégrase oficialmente na Rede Mundial de Reservas da Biosfera e súmase aos outros seis que contaban xa en Galicia con este recoñecemento: Terras do Miño; Área de Allariz; Os Ancares Lucenses e Montes de Cervantes, Navia e Becerreá; Río Eo, Oscos e Terras de Burón; Transfronteiriza Gerês- Xurés; e Mariñas Coruñesas-Terras do Mandeo.

Parabéns!

FONTE: L.G/farodevigo.es   Imaxe: RTVE.es

0 comentarios