CHEGA O OUTONO 2021
Simboloxía do outono / Imaxe: paxinasgalegas.es
Hoxe, 22 de setembro, ás 21 horas e 21 minutos hora oficial peninsular, comezará o Outono. Durará 89 días e 20 horas, e rematará o 21 de decembro co comezo do inverno.
Durante esta estación, o ceo á noitiña estará dominado por Venus, Xúpiter e Saturno. Ao amencer será visible Marte, a partir do mes de novembro e Mercurio durante outubro e novembro.
O 19 de novembro producirase unha eclipse parcial de Lúa visible en América, Europa, Asia e Australia; esta eclipse será visible en España.
O domingo 31 de outubro atrasaremos o reloxo unha hora. Ás 3 da madrugada hora peninsular haberá que atrasar o reloxo até as 2, retomando o horario de inverno.
0 comentarios