NOBEL DE QUÍMICA 2021
Benjamin List e David W.C. MacMillan Imaxe: latestpagenews.com e celebsaga.com
Benjamin List e David W.C. MacMillan gañaron o Nobel de Química 2021 polo desenvolvemento da “organocatálise asimétrica”. O premio deste ano recoñece “unha maneira enxeñosa de construír moléculas”, anunciou o portavoz da Real Academia de Ciencias Sueca. O achado tivo un gran impacto no desenvolvemento de novos fármacos e produtos químicos menos contaminantes.
O alemán Benjaim List (Frankfurt, 11 de xaneiro de 1968) é un químico alemán que é o director do Instituto Max Planck para a Investigación do Carbón (un centro creado hai máis de 100 anos que está actualmente especializado en catálise) e profesor de química orgánica na Universidad de Colonia.
O británico David MacMillan (Bellshill-Escócia, 16 de marzo de 1968) é un químico británico, investigador da Universidade de Princeton, en EE UU.
Parabéns!
0 comentarios