Blogia
vgomez

CANTO SABES SOBRE COGOMELOS? VIII

Continúo coa serie CANTO SABES SOBRE COGOMELOS, na que pos a proba os teus coñecementos sobre istes fungos que adoitan medrar en lugares húmidos e pouco soleados.

A contestación correcta a proposta de onte é Tricholoma portentosum. Ou tortullo é unha especie de fungo basidiomiceto pertencente á familia Tricholomataceae. Cunha talla de 5 a 13cm, sombreiro cónico que despois aplánase, pero conserva o acusado mamelón central, ondulado nos bordos. Cutícula separable, viscosa en tempo húmido, con abundantes fibrillas radiais máis escuras rodeándoo, cor gris negruzco con reflexos violáceos, máis claro na marxe. Láminas sinuadas, escotadas, anchas e espaciadas, con lamélulas, cor branca-grisáceo con reflexos amarelados (como o pé). Pé robusto, cilíndrico, branco, con fibrillas sedosas longitudinais, non escamoso, a miúdo curvado, máis ancho na base, radicante. Carne espesa aínda que quebradiza, esbrancuxada e algo máis grisácea-violeta baixo o sombreiro. Cheiro e sabor fariñento. Esporas brancas.

E imos coa proposta de hoxe!

8. Identifica:

- Amanita muscaria

- Cantharellus cibarius

- Amanita phalloides

- Amanita cesarea

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: Idea orixinal de es.educaplay.com e es.wikipedia.org

0 comentarios