ENCRUCILLADO LXXXVI
VERTICAIS: 1. Río catalán que transcorre pola provincia de Barcelona cun curso de 17,7 km, que nace na comarca do Vallès Orientaln e desemboca no mar Mediterráneo moi preto de Barcelona 2. Planta herbácea da familia das cucurbitáceas que medra xeralmente entre as matogueiras e nos cómaros, florece en maio e xuño, ten talos que gabean e dá un froito en baga de forma oval e cor vermella, e de nome científico Bryonia cretica 4. Sistema de montañas máis altas e estensas situadas totalmente en Europa, onde o pico máis alto é o Mont Blanc con 4.810,45 metros de altitude 5. Apelido do primeiro presidente dda Xunta de Galicia (preautonómica) e primeiro presidente do Parlamento de Galicia (1981-1986) 7. Medida de capacidade para grans, legumes, sementes etc., de valor variable segundo os lugares e segundo o que se mida, equivalente a un ferrado ou á quinta parte dunha fanega 8. Estado dos Estados Unidos de América, úbicado na rexión oeste do país, cuxa capital e cidade máis poboada é Salt Lake City.
HORIZONTAIS: 3. Pelo rizado e formando remuíños. 6. Capital da illa de Bali (Indonesia) 7. Peixe mariño da familia dos epigónidos (Epigonidae), da orde dos Perciformes, tamén coñecido como boca negra, con mome científico Epigonus telescopus 9. Volcán activo que se atopa na costa leste de Sicilia, entre as provincias de Messina e Catania, con arredor de 3357 m de altura, aínda que esta varía debido as constantes erupcións.
0 comentarios