ENCRUCILLADO CXII
VERTICAIS: 1. Rapaz moi esperto e amigo de facer trasnadas 2. Planta silvestre da familia das liliáceas, de follas basais, estreitas e longas, talo ergueito e liso rematado nun conxunto de flores abrancazadas en forma de acio e froito en cápsula, que ten por nome científico Asphodelus albus 3. Concello coruñes no que se atopa oparque enciclopédico público ideado por Juan García Naveira, chamado O Pasatempo 5. Provincia na que se atopa un concello co nome igual ao noso (A Guarda/ La Guardia), pero toso xunto 6. Capital de Liberia 7. Nome do peixe da familia dos Balistidae, orde dos Tetraodontiformes que vive en fondos de area con pedras e algas, a partir da beiramar e ata os 100 metros de profundidade, de nome científico Balistes carolinensis e cuxo nome ten que ver cos sons que emite.
HORIZONTAIS: 4. Cada unha das pezas de madeira que van unidas por debaixo ás chedas do carro, e nas que encaixa o eixe 8. Localidade portuguesa, que dá nome a universidade máis antiga de Portugal, fundada en 1290, que tamén o é das máis antigas de Europa 9. Nome da sonda que recentemente chocou co asteroide Dimorfo, coa intención de poder desvialo da súa traxectoria 10. Nome dun dos ríos máis longos de Suramérica, que nace en Parima-Venezuela, preto da fronteira co Brasil, fai un grande arco primeiro cara ao noroeste, despois cara ao oeste, e logo cara ao norte, ata a fronteira con Colombia, para tomar dirección nordeste cara ao océano Atlántico, percorrendo un total de 2.140 quilómetros, formando un inmenso delta na súa desembocadura.
0 comentarios