CANTO SABES SOBRE OS DESERTOS? VIII
Continúo coa serie CANTO SABES SOBRE OS DESERTOS, ises biomas de clima árido, onde as precipitacións son escasas e onde, en contra da crenza xeral, son hábitats biolóxicamente ricos que albergan unha ampla variedade de flora e fauna adaptadas ás súas condicións de vida extremas, onde viven máis dun millón de persoas, que representan a sexta parte da poboación da Terra.
A contestación correcta á pregunta de onte é Mojave. Segundo os rexistros oficiais da Organización Meteorolóxica Mundial a marca máis alta de temperatura certificada é de 56,7° e rexistrouse en Furnace Creek, no Death Valley ou Val da Morte, situado no deserto de Mojave de California (EEUU)) o 19 de xullo de 1913.
E imos coa pregunta para hoxe!
8. Cal destes desertos chega até o mar?
- Deserto de Siria
- Kalahari
- Karakum
- Mojave
- Sonora
- Gobi
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE: Idea orixinal elagoradiario.com Imaxe: reddit.com
0 comentarios