DORSAIS OCEÁNICAS
Continúo coa recuperación de partes dos programas de Órbita Laika, programa divulgativo da ciencia presentado por Eduardo Saénz de Cabezón emitido na cadea española TVE2, polo seu interese.
Neste caso Dorsais oceánicas polo xeólogo Nahúm Méndez.
Xerar mapas do fondo mariño é unha tarefa mesmo máis complicada que obter mapas de Marte. Como é posible? Nahúm explica a razón e percorre o relevo do chan mariño coñecido ata a data. O colaborador fala das dorsais oceánicas, descubertas grazas a Alfred Wegener, e da reacción dos materiais do manto terrestre ao entrar en contacto co territorio mariño.
Moi interesante!
0 comentarios